XIV BANDEIRA CONCELLO DE MUROS & XVIII BANDEIRA CONCELLO DE RIANXO
O noso equipo LGT-A estivo esta fin de semana remando en Esteiro (Muros) e en Rianxo. O sábado en Esteiro o noso equipo partiu polo primeiro carreiro con Meira, Bueu e Mecos como rivais. Os nosos fixeron a primeira ciavoga co segundo mellor tempo, só por detrás de Meira. Estes mantiveron a posición ata finalizar a regata, acadando por primeira vez na tempada a segunda posición. Estes
O domingo en Rianxo, as tripulacións da última quenda non variaron. Desta vez, o noso equipo comezou a regata en terceira posición, con Meira e Bueu liderando. A nosa embarcación foi recortando segundos á embarcación de Bueu ata finalizar a regata con medio segundo de vantaxe sobre estes, dándolle o seu segundo posto da tempada.
II BANDEIRA FEMININA CORTIZO
A nosa embarcación feminina tamén estivo este domingo remando en Rianxo. Remando na segunda quenda, as nosas remeiras enfrontábanse ás embarcacións de Chapela, Tirán e Perillo. A embarcación de Chapela comezou en cabeza ata a segunda ciavoga, onde o noso equipo virou segunda ao par de Tirán. Isto mudou no terceiro longo onde a nosa embarcación colleu a cabeza ata finalizar a regata, seguidas de Tirán a seis e Chapela a quince segundos. Deste xeito, a nosa embarcación colócase líder da xeral a seis puntos de Chapela. Ademais, a nosa remeira canteirá Isabel Otero debutou na categoría absoluta.
XLIV Zarauzko Ikurriña
Zarautz foi o escenario da EuskoLabel Liga esta fin de semana, disputando a súa clásica bandeira a dobre xornada. A regata do sábado a nosa embarcación saíu no carreiro tres con Orio, Ondarroa e Bermeo. Estes non foron capaz de manter o ritmo das outras tripulacións e finalizaron en novena posición.
O Domingo, na primeira quenda con Zarautz e Tirán, estes mantiveron un bo ritmo no primeiro longo facendo primeiros a ciavoga. Porén, a embarcación de Zarautz foi máis rápida nos longos de volta, o que lle dou a victora sobre a nosa embarcación cun marxe de dous segundos. Con estes resultados, a nosa embarcación finalizou noventa no total da bandeira.